xoves, 27 de febreiro de 2020

COMO NOS GUSTAN AS REGUEIFAS!

Aquí están as regueifas coas que o alumnado de sexto nos deleitou o venres pasado na presentación do desfile de Entroido. Menuda imaxinación!

Eu son un neno calquera
e teño que ir de rapeiro.
Vou con camisa vermella
pero non son un trapeiro.

No final desta semana
imos vestir de rapeiros,
pero cun par de colgantes
nós seremos como “el Trueno”.

Este ano no noso entroido
temos un meco e unha meca,
que a nós nos din que levar
cada día na cabeza.

Imos falar do entroido
a mellor festa de Vigo.
Eu vou levar un difraz
mellor que o do meu amigo.

Nós cantamos en galego,
desmontamos estes versos
que montamos como legos,
somos os nenos de sexto.

Con dourados medallóns
e camisetas de cores,
unhas gorras fascinantes
e unhas gafas ultragrandes.

Celebramos o entroido,
todos levamos disfraces,
no colexio Doutor Fleming
desfrutamos os rapaces!

Agardamos todo o ano
para ver os nosos mecos,
poñemos os antefaces,
que comecen os festexos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Historia do Samaín

"O EDLG déixavos este vídeo aterrecedor para que coñezades a historia do Samaín. Precaución: produce pesadelos se subes o volume e non ...