venres, 29 de novembro de 2019

VIVAN AS REGUEIFAS!

Onte o grupo de 6ºA  participou nun obradoiro de improvisación oral. Nel, alumnado e profesorado,  coñecemos e gozamos coa regueifa da man de Luis O´Caruncho e Pinto de Herbón. E a verdade é que...quedamos con ganas de máis!




luns, 18 de novembro de 2019

COÑECEMOS A TRAHAMUNDA!

Dende a aula de Relixión chéganos a historia de Trahamunda, coñecida como a patroa da morriña. Moi curiosa historia!




martes, 5 de novembro de 2019

EN NOVEMBRO FALAMOS DE...

Xa podedes ver os traballos sobre Mercedes Peón (6ºB), Vero Boquete (5ºB) e Lula Goce (4ºB). Animádevos a pasar polo taboleiro da entrada!





luns, 4 de novembro de 2019

SUSANA RODRÍGUEZ GACIO VISITA O NOSO COLE!

Hoxe tivemos a sorte de que Susana Rodríguez Gacio visitara o Fleming. O alumnado de 5º e 6º e os seus mestres e mestras aprendemos un montón de cousas sobre ela. Graciñas, Susana, por facer un oco na túa axenda e por compartir connosco a túa inspiradora historia!










Actividade para o día de Rosalía

    A actividade trata de facer unha ilustración sobre o poema. Poremos o cartaz xunto co poema na entrada do centro e unha caixa para que v...