luns, 26 de novembro de 2018

O magosto no colexio.

O luns, o alumnado, o profesorado e outros membros da comunidade educativa, degustaron estes saborosos froitos, bailaron, animáronse a participar nos xogos tradicionais, pintaron as caras de negro e compartiron bos momentos.
A pasada semana celebramos o magosto no CEP Dr. Fleming, unha festa que aos cativos lles encanta  e onde non só comeron castañas, senón que tamén aprenderon cousas interesantes que  algúns non sabían.


Ao longo do mes e nas distintas aulas traballamos os froitos de inverno facendo murais. Os máis cativos aprenderon a distinguir as castañas boas das pilongas e. sobre todo, descubriron que é moi difícil coller un ourizo coas mans! 
Velaí vos deixamos unha mostra.

mércores, 14 de novembro de 2018

O samaín polo colexio.

O Samaín pasou polo Fleming e encheu as clases de pantasmas, bruxas e calacús. Algúns rapaces e rapazas disfrazáronse (algúns profes tamén) facendo deste día unha data de celebración.


Pero non pensedes que todo foi festa. Tamén tivemos tempo de investigar esta tradición milenaria e achegarnos un pouquiño aos nosos ancestros.
Aquí vos deixamos a proba. Esperamos que vos guste.
Clicade sobre as fotos para velas máis grandes.


Actividade para o día de Rosalía

    A actividade trata de facer unha ilustración sobre o poema. Poremos o cartaz xunto co poema na entrada do centro e unha caixa para que v...