xoves, 18 de outubro de 2018

As mensaxes misteriosas do colexio.

Esta semana os máis cativos andan pescudando sobre a autoría dunhas frases que, de xeito misterioso, foron aparecendo polo cole.

Nelas, algúns alumnos e alumnas defende o uso da nosa lingua, cultura e tradicións, e aínda que ao principio, o que máis lles chamou a atención aos pequenos foi o colorido destes carteis, a día de hoxe xa valoran máis o contido da mensaxe.

 

Algúns deles apareceron asinados, polo que xa saben que os responsables son os veteranos do cole, pero ainda asi,  o alumnado de primeiro nivel quere chegar ao fondo da cuestión así que seguiremos investigando...

Deixámosvos algunhas fotos destes vistosos carteis e esperamos que vos gusten tanto coma a nós

sábado, 13 de outubro de 2018

Xornal de outubro



Xa temos aquí o xornal mural do mes do outubro. Neste caso, decidimos facer un monográfico sobre as vacacións dos nosos cativos. Foron eles mesmos os que nos contaron os lugares que visitaron, as actividades que levaron a cabo e as novas amizades que fixeron.

Como algúns xa saberedes, o xornal mural O Faro do Fleming atópase na entrada do cole e calquera membro da comunidade educativa pode visitalo ou aportar algún artigo que lle pareza interesante.

Seccións como A quiniela das verbas, Perdendo o norte ou os Pasatempos, son fixas, pois teñen unha boa aceptación entre os máis pequenos; o resto poden ir variando en función da actualidade.

Convidámosvos a que lle botedes un ollo e, se vos apetece, participedes nel.

venres, 5 de outubro de 2018

Vocabulario sobre a roupa.

Esta semana no CEP Dr. Fleming recibimos a visita de Andrea Castelo Veiga, que elixiu o noso centro para levar a cabo unha proba con algúns cursos de terceiro e sexto.
Trátase dunha enquisa para pescudar o coñecemento que estes rapaces e rapazas teñen sobre o vocabulario da roupa en galego.
Andrea está realizando na actualidade a súa tese de doutoramento e esta proba, ademais de cumprir cos requerimentos que ela precisa, pode axudarnos a nós a detectar carencias no uso da lingua, por iso queremos agradecerlle a Andrea que elixira o CEP Dr. Fleming.

Andrea comprometeuse a enviarnos un correo co resultado da proba cando teña todo rematado, así que manterémosvos informados dos mesmos.

Aproveita para repasar o tema da indumentaria cun recurso interactivo: CLICA,

Actividade para o día de Rosalía

    A actividade trata de facer unha ilustración sobre o poema. Poremos o cartaz xunto co poema na entrada do centro e unha caixa para que v...