venres, 27 de novembro de 2020

RETO 21 DÍAS EN GALEGO- 6ºA

A clase de 6ºA tamén se animou co reto dos 21 días en galego. Como podedes ver, todas e todos obtiveron un diploma pola súa participación. 



Parabéns por aceptar o reto!

martes, 24 de novembro de 2020

RETO 21 DÍAS EN GALEGO- 6ºC

 A clase de 6ºC xa rematou co reto dos 21 días en galego e aquí están as tres finalistas. 


Parabéns para todas e, moi especialmente, para Claudia, que resultou a gañadora.


Queredes saber como foron as súas experiencias? 
Pois só tedes que premer aquí, aquí e aquí para escoitalas!

luns, 16 de novembro de 2020

ENQUISA USO DA LINGUA GALEGA

 Aquí tedes os enlaces para facer a enquisa sobre o uso do galego na nosa comunidade educativa. As enquisas son anónimas e estarán dispoñibles ata principios do mes de decembro. Graciñas por participar!

ENQUISA ALUMNADO- premede aquí.


ENQUISA PROFESORADO- premede aquí.


ENQUISA FAMILIAS- premede aquí.


xoves, 5 de novembro de 2020

QUE PASOU COS NOSOS MEDOS?

Acordádesvos dos medos que escribistes nas pantasmas a semana pasada? Pois Xiralibro e a súa boa amiga Escarlatina tiveron unha magnífica idea...


Actividade para o día de Rosalía

    A actividade trata de facer unha ilustración sobre o poema. Poremos o cartaz xunto co poema na entrada do centro e unha caixa para que v...