venres, 28 de febreiro de 2020

III CERTAME MICRORRELATOS (RAG E PUNTOGAL).


Aquí tedes o enlace con toda a información. Lembrade, os que estivestes a redactar microrrelatos nas aulas, que o prazo remata mañá!

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30212

xoves, 27 de febreiro de 2020

COMO NOS GUSTAN AS REGUEIFAS!

Aquí están as regueifas coas que o alumnado de sexto nos deleitou o venres pasado na presentación do desfile de Entroido. Menuda imaxinación!

Eu son un neno calquera
e teño que ir de rapeiro.
Vou con camisa vermella
pero non son un trapeiro.

No final desta semana
imos vestir de rapeiros,
pero cun par de colgantes
nós seremos como “el Trueno”.

Este ano no noso entroido
temos un meco e unha meca,
que a nós nos din que levar
cada día na cabeza.

Imos falar do entroido
a mellor festa de Vigo.
Eu vou levar un difraz
mellor que o do meu amigo.

Nós cantamos en galego,
desmontamos estes versos
que montamos como legos,
somos os nenos de sexto.

Con dourados medallóns
e camisetas de cores,
unhas gorras fascinantes
e unhas gafas ultragrandes.

Celebramos o entroido,
todos levamos disfraces,
no colexio Doutor Fleming
desfrutamos os rapaces!

Agardamos todo o ano
para ver os nosos mecos,
poñemos os antefaces,
que comecen os festexos!

xoves, 20 de febreiro de 2020

CONTOS DE INVERNO- 6ºA

A clase de 2ºA tivo unha sesión de contacontos a cargo dos compañeiros e compañeiras de 6ºA, que contaron O coelliño branco, A que sabe a lúa? e Corre, corre, cabaciña.

Clicade nas imaxes para ver uns pequenos vídeos.
  

E os compañeiros de 1º C desfrutaron con Corre, corre cabaciña, A mellor sopa do mundo e O Papón.

Premede nos títulos para ver os vídeos.



CONTOS DE INVERNO- 2ºB

A clase de 2ºB deleitou aos compañeiros e compañeiras de 6ºB coa súa sesión de contacontos sobre o libro de Pioneiras, de Anaír Rodríguez (texto) e Abi Castillo (ilustracións). Aquí vos deixamos unha pequena mostra!













CONTOS DE INVERN0- 4ºA

Carmen, Martina, Paula, Alana e Catuxa crearon e contaron o relato Unha xoaniña diferente aos compañeiros e compañeiras de 1ºA. Que marabilla!





CONTOS DE INVERNO- 5ºC

Os rapaces e rapazas de 5ºC foron os primeiros do cole en iniciar a actividade de Contos de inverno. Contaron os seus propios contos aos grupos de 3º. Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica!








luns, 17 de febreiro de 2020

ESTAMOS DE ENTROIDO!

Aquí están a meca e o meco que cada día desta semana algo diferente mandan levar. Por certo, grazas aos compañeir@s de 6ºB por encargarse de poñerlles cara!


xoves, 6 de febreiro de 2020

EN FEBREIRO FALAMOS DE...

Neste mes podemos aprender un pouco máis sobre a vida de Maruxa Mallo (1ºA), Paula Carballeira (2ºA) e Inés Abril (3ºA). Animádevos!





PAULA CARBALLEIRA VISITA O NOSO COLE!

Fai uns días visitou o noso cole a muller que dá nome a aula de 2ºA ao longo deste curso: Paula Carballeira.

Foi unha visita moi especial, na que os rapaces e rapazas de 1º e de 2ºA aprenderon un montón de cousas sobre ela. Graciñas, Paula!







Actividade para o día de Rosalía

    A actividade trata de facer unha ilustración sobre o poema. Poremos o cartaz xunto co poema na entrada do centro e unha caixa para que v...