luns, 26 de novembro de 2018

O magosto no colexio.

O luns, o alumnado, o profesorado e outros membros da comunidade educativa, degustaron estes saborosos froitos, bailaron, animáronse a participar nos xogos tradicionais, pintaron as caras de negro e compartiron bos momentos.
A pasada semana celebramos o magosto no CEP Dr. Fleming, unha festa que aos cativos lles encanta  e onde non só comeron castañas, senón que tamén aprenderon cousas interesantes que  algúns non sabían.


Ao longo do mes e nas distintas aulas traballamos os froitos de inverno facendo murais. Os máis cativos aprenderon a distinguir as castañas boas das pilongas e. sobre todo, descubriron que é moi difícil coller un ourizo coas mans! 
Velaí vos deixamos unha mostra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Samaín

O outono avanza e con el chega unha das celebracións máis queridas e cheas de maxia do noso calendario: o Samaín . Esta antiga tradición ga...