venres, 16 de xuño de 2023

Maxia no Fleming

Onte o alumnado de primeiro participou nun espectáculo de maxia a cargo do grupo Maxia na Manga. Alucinamos cos trucos e pasámolo xenial. Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica!




Un mundo de cores

 Este curso no cole levamos a cabo o proxecto Un mundo de cores, no que cada nivel investigou sobre unha cor en particular. Se queredes ver un vídeo-resumo de cada cor, non tedes máis que premer nas imaxes.

PRIMEIRO CURSO-VERDE




SEGUNDO CURSO- AMARELO



TERCEIRO CURSO- LARANXA


👀 E se queredes ver os vídeos de cuarto, quinto e sexto, premede aquí!

luns, 29 de maio de 2023

Nós tamén podemos salvar vidas!

Este curso volvemos a ter a sorte de que nos visitara un equipo médico do CHUVI (Complexo Hospitalario Universitario de Vigo) para realizar un obadoiro sobre RCP co alumnado de 6º. Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica!







LETRAS GALEGAS 2023

Con motivo da conmemoración das nosas letras no noso cole estivemos a investigar sobre Francisco Fernández del Riego. Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica!

luns, 24 de abril de 2023

ROSALÍA-5ºC

O grupo de 5ºC estivo a facer unha entrevista de radio e unha canción sobre Rosalía de Castro. Se tedes curiosidade por ver como lles quedou, aí tedes a presentación!

luns, 27 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

Con motivo desta conmemoración no noso cole fixemos un mural cheíño de noticias positivas e moitas delas relacionadas coas cores (temática do proxecto deste curso). Apetécevos botar unha ollada?





luns, 6 de marzo de 2023

I CERTAME RELATO CURTO OS DE QUINTO DO FLEMING- ENTREGA PREMIOS

Esta mañá no cole tivo lugar o acto de entrega de diplomas e premios do I Certame de relato curto-Os de quinto do Fleming. Foi un acto moi especial no que contamos coa presenza das familias e no que puidemos desfrutar coa lectura dos relatos gañadores. Se queredes escoitalos e ver unha pequena mostra fotográfica deste encontro cheo de talento e emoción, aquí tedes unha breve presentación.

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro , unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa lingua. Grazas a ela, o galego v...