xoves, 23 de febreiro de 2023

23F- Día de Rosalía

Para conmemorar o Día de Rosalía hoxe no noso cole escoitamos un podcast moi especial, apetécevos repetir? Pois premede aquí!

E tamén deixamos unha pequena mostra fotográfica dos traballos gañadores e a entrega de diplomas.



martes, 31 de xaneiro de 2023

I CERTAME RELATO CURTO “OS DE QUINTO DO FLEMING”

 Podedes atopar a información deste certame literario dirixido ao alumnado de quinto premendo aquí.



domingo, 29 de xaneiro de 2023

23F- Día de Rosalía

Temos agora no Fleming 
un concurso de debuxo e poesía.
Se queredes coñecer as bases
premede na imaxe de Rosalía!



venres, 16 de decembro de 2022

TEMPO DE REGUEIFAS

Todos os grupos de sexto participaron recentemente nun obradoiro de improvisación oral a cargo de Luís O´Caruncho e Pinto d´Herbón. Houbo creacións marabillosas e a verdade é que, como todos os anos, quedamos con ganas de máis... Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica!





venres, 17 de xuño de 2022

PROXECTO O CAMIÑO

Na seguinte presentación podedes ver un vídeo-resumo de cada nivel sobre o proxecto deste curso, O Camiño de Santiago. Parabéns polo traballazo!

martes, 14 de xuño de 2022

MANTEMOS CORRESPONDENCIA CON...

Neste trimestre os grupos de 2º estiveron a cartearse cos colexios de Mosteiro Bembrive, Carballal-Cabral e Sobreira Valadares. Foi unha experiencia magnífica!


luns, 9 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 Apetécevos saber un pouco máis sobre Florencio Delgado Gurriarán? Pois aquí tedes varios recursos en liña.👇



Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro , unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa lingua. Grazas a ela, o galego v...