O grupo de 6ºC participou no reto de estar 21 días falando en galego e gravaron este vídeo para compartir connosco a súa experiencia. Animádesvos a velo?
martes, 8 de febreiro de 2022
RETO 21 DÍAS EN GALEGO- 6ºC
martes, 25 de xaneiro de 2022
OBRADOIRO DE REGUEIFAS
A semana pasada Luís O´Caruncho e Pinto d´Herbón visitaron de novo o Fleming para impartir un obradoiro de regueifas ao alumnado de sexto. Que ben o pasamos e canto aprendemos!
luns, 24 de xaneiro de 2022
venres, 26 de novembro de 2021
ENQUISA USO DO GALEGO NO FLEMING
Aquí tedes os enlaces para facer a enquisa sobre o uso do galego na nosa comunidade educativa. As enquisas son anónimas e estarán dispoñibles ata o 22 de decembro. Graciñas por participar!
ENQUISA ALUMNADO- premede aquí.
ENQUISA PROFESORADO- premede aquí.
ENQUISA FAMILIAS- premede aquí.
xoves, 25 de novembro de 2021
25-N
O grupo de 4ºD comparte connosco o seguinte vídeo, que elaborou con motivo do día de hoxe: o 25-N. Apétecevos velo?
venres, 12 de novembro de 2021
4D NA RADIO
A semana pasada o grupo de 4D explicou o proxecto solidario no que está a traballar na radio. Aquí vos deixamos a súa magnífica intervención!
venres, 29 de outubro de 2021
RESULTADOS CONCURSO SAMAÍN
Se os debuxos e relatos gañadores queredes ver
neste sombreiro tedes que premer!
Día de Rosalía de Castro
Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro , unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa lingua. Grazas a ela, o galego v...
-
Fai uns días visitou o noso cole a muller que dá nome a aula de 2ºA ao longo deste curso: Paula Carballeira. Foi unha visita moi espec...
-
O outono avanza e con el chega unha das celebracións máis queridas e cheas de maxia do noso calendario: o Samaín . Esta antiga tradición ga...
-
Chegan os primeiros traballos do 2020! Xa podedes coñecer un pouco máis sobre Susana Seivane (6ºD), Rosalía Mera (5ºD) e Menchu Lamas (4ºD)....
