mércores, 20 de outubro de 2021

CONCURSO DE DEBUXO E RELATOS- SAMAÍN

Xa podedes deixar os vosos debuxos e relatos no buzón da entrada do cole. Lembrade que o último día para entregar é o martes 26. Se precisades ler as bases de novo, premede nos seguintes enlaces:

- Concurso de debuxo
- Concurso de relatos

Agardamos impacientes polas vosas creacións!

venres, 15 de outubro de 2021

PROXECTO SOLIDARIO 4ºD

Arrincamos este curso cun proxecto marabilloso da man do grupo de 4ºD. Apetécevos saber un pouco máis?

luns, 21 de xuño de 2021

Vivan as regueifas!

Na semana pasada os grupos de sexto participaron nun obradoiro de improvisación oral, no que coñeceron e gozaron coa regueifa da man de Luís O´Caruncho e Pinto d´Herbón. É que como nos gustan as regueifas!




Viaxamos por Galicia- 5º

Se vos apetece ver o vídeo- resumo de 5º sobre o proxecto deste curso premede aquí. Parabéns polo traballazo!

E MÁIS COUSAS SOBRE O PROXECTO!

 3ºC 
Tamén comparten connosco as fotos das súas incribles maquetas sobre a cidade da Coruña. Se queredes velas, premede aquí!

1ºC

Made with Padlet


1ºA

3ºB

1ºB

Made with Padlet

venres, 18 de xuño de 2021

Viaxamos por Galicia 1º, 2º e 3º

Aquí vos deixamos un resumo do proxecto que fixemos no Fleming neste curso, no que viaxamos por moitos lugares da nosa terra. Animádesvos a velo?

xoves, 10 de xuño de 2021

TEMPO DE LENDAS- 1º

Chegan as últimas lendas deste curso! Imos coas compañeiras e compañeiros de 1º  a  Ons, San Simón, Sálvora e Cíes.

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro , unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa lingua. Grazas a ela, o galego v...