venres, 12 de setembro de 2025

Benvidas e benvidos a un novo curso escolar!


Comezamos un novo curso escolar cheo de ilusión e proxectos interesantes.

Este curso, o noso proxecto anual xirará arredor de "Ondas do mar de Vigo". Queremos explorar e coñecer a nosa contorna mariñeira, a cultura e a historia de Vigo e reflexionar sobre a relación da cidade co mar. Ao longo do curso, faremos actividades, talleres e saídas que nos permitirán mergullarnos neste tema tan fermoso.

Esperamos que vos sintades motivad@s para participar, compartir ideas e, sobre todo, gozar aprendendo en galego. Imos navegar xuntos nesta aventura! ⚓

Partimos!!!


Benvidas e benvidos a un novo curso escolar!

Comezamos un novo curso escolar cheo de ilusión e proxectos interesantes. Este curso, o noso proxecto anual xirará arredor de "Ondas do...