luns, 23 de febreiro de 2026

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa lingua. Grazas a ela, o galego volveu soar forte nos libros e na voz do pobo.

Para coñecela mellor dun xeito divertido deixámosvos uns vídeos explicativos e un Kahoot interactivo, cos que poder aprender quen foi Rosalía, que escribía e por que segue sendo tan importante para Galicia hoxe en día.

Animádevos a ver os vídeos, xogar e descubrir máis sobre Rosalía mentres aprendemos e celebramos o galego.

 





luns, 9 de febreiro de 2026

O Entroido no cole

 Xa estamos no Entroido, un tempo moi divertido no que nos disfrazamos, cantamos e pasámolo ben cos amigos e amigas. En Galicia, o Entroido celébrase dende hai moitísimos anos e naceu como unha festa para xogar, facer bromas e encher as rúas de alegría.

Nas vilas mariñeiras, o Entroido tamén ten relación co mar: a xente celebraba antes de saír a faenar, compartía comida e ría xunta para coller forzas. Hoxe seguimos gozando desta tradición con cores, máscaras e moita imaxinación.

Esperamos que o pasedes ben!!










luns, 3 de novembro de 2025

Samaín

 Durante o Samaín, realizamos un mural colaborativo empregando a imaxinación e a creatividade. Uns nenos e nenas crearon monstros mariños feitos con peixes, inspirados no mar que nos rodea; outros representaron aves mariñas misteriosas; e outros traballaron bruxas, personaxes moi presentes nas nosas historias tradicionais.

A través deste traballo coñecemos e recreamos lendas galegas, aprendendo que o medo tamén pode formar parte do xogo, da arte e da tradición. 




sábado, 11 de outubro de 2025

Samaín

O outono avanza e con el chega unha das celebracións máis queridas e cheas de maxia do noso calendario: o Samaín.
Esta antiga tradición galega, que ten as súas raíces no mundo celta, marcaba o final da colleita e o comezo do inverno. Era un tempo de lendas, de lume e cabazas, de lembrar aos nosos devanceiros e tamén… de pasalo moi ben!

Co paso dos anos, o Samaín mantense vivo nas nosas escolas e nas nosas casas, como unha oportunidade marabillosa para coidar e poñer en valor a nosa cultura e lingua. E, por suposto, tamén para xogar, crear e rir!

Este ano, dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e Biblioteca, queremos celebrar o Samaín con moita imaxinación. Por iso, preparamos unhas actividades especiais para vos, cheas de misterio, mar e diversión:
Un océano terrorífico!!

Sopas de letras, encrucillados, adiviñas...

Animádevos a participar, a compartir risas e sustos, e a vivir o Samaín en galego, mantendo vivas as nosas tradicións con orgullo e alegría.

"Quen fala galego mantén aceso o lume da nosa cultura.”








venres, 12 de setembro de 2025

Benvidas e benvidos a un novo curso escolar!


Comezamos un novo curso escolar cheo de ilusión e proxectos interesantes.

Este curso, o noso proxecto anual xirará arredor de "Ondas do mar de Vigo". Queremos explorar e coñecer a nosa contorna mariñeira, a cultura e a historia de Vigo e reflexionar sobre a relación da cidade co mar. Ao longo do curso, faremos actividades, talleres e saídas que nos permitirán mergullarnos neste tema tan fermoso.

Esperamos que vos sintades motivad@s para participar, compartir ideas e, sobre todo, gozar aprendendo en galego. Imos navegar xuntos nesta aventura! ⚓

Partimos!!!


martes, 5 de novembro de 2024

Historia do Samaín

"O EDLG déixavos este vídeo aterrecedor para que coñezades a historia do Samaín. Precaución: produce pesadelos se subes o volume e non perdes de vista a pantalla"

xoves, 15 de febreiro de 2024

Actividade para o día de Rosalía

   

A actividade trata de facer unha ilustración sobre o poema. Poremos o cartaz xunto co poema na entrada do centro e unha caixa para que vaiades deixando os traballos. A exposición será a partir do día 23 de febreiro.

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro , unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa lingua. Grazas a ela, o galego v...