luns, 24 de abril de 2023

ROSALÍA-5ºC

O grupo de 5ºC estivo a facer unha entrevista de radio e unha canción sobre Rosalía de Castro. Se tedes curiosidade por ver como lles quedou, aí tedes a presentación!

luns, 27 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

Con motivo desta conmemoración no noso cole fixemos un mural cheíño de noticias positivas e moitas delas relacionadas coas cores (temática do proxecto deste curso). Apetécevos botar unha ollada?





luns, 6 de marzo de 2023

I CERTAME RELATO CURTO OS DE QUINTO DO FLEMING- ENTREGA PREMIOS

Esta mañá no cole tivo lugar o acto de entrega de diplomas e premios do I Certame de relato curto-Os de quinto do Fleming. Foi un acto moi especial no que contamos coa presenza das familias e no que puidemos desfrutar coa lectura dos relatos gañadores. Se queredes escoitalos e ver unha pequena mostra fotográfica deste encontro cheo de talento e emoción, aquí tedes unha breve presentación.

xoves, 23 de febreiro de 2023

23F- Día de Rosalía

Para conmemorar o Día de Rosalía hoxe no noso cole escoitamos un podcast moi especial, apetécevos repetir? Pois premede aquí!

E tamén deixamos unha pequena mostra fotográfica dos traballos gañadores e a entrega de diplomas.



martes, 31 de xaneiro de 2023

I CERTAME RELATO CURTO “OS DE QUINTO DO FLEMING”

 Podedes atopar a información deste certame literario dirixido ao alumnado de quinto premendo aquí.



domingo, 29 de xaneiro de 2023

23F- Día de Rosalía

Temos agora no Fleming 
un concurso de debuxo e poesía.
Se queredes coñecer as bases
premede na imaxe de Rosalía!



venres, 16 de decembro de 2022

TEMPO DE REGUEIFAS

Todos os grupos de sexto participaron recentemente nun obradoiro de improvisación oral a cargo de Luís O´Caruncho e Pinto d´Herbón. Houbo creacións marabillosas e a verdade é que, como todos os anos, quedamos con ganas de máis... Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica!





Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro , unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa lingua. Grazas a ela, o galego v...