xoves, 10 de decembro de 2020

RETO 21 DÍAS EN GALEGO- 5ºA

 Aquí vos deixamos unhas fotografías sobre o reto dos 21 días en galego de 5ºA, que foi a primeira clase do noso cole en atreverse co reto!


Hecho con Padlet

venres, 27 de novembro de 2020

RETO 21 DÍAS EN GALEGO- 6ºA

A clase de 6ºA tamén se animou co reto dos 21 días en galego. Como podedes ver, todas e todos obtiveron un diploma pola súa participación. 



Parabéns por aceptar o reto!

martes, 24 de novembro de 2020

RETO 21 DÍAS EN GALEGO- 6ºC

 A clase de 6ºC xa rematou co reto dos 21 días en galego e aquí están as tres finalistas. 


Parabéns para todas e, moi especialmente, para Claudia, que resultou a gañadora.


Queredes saber como foron as súas experiencias? 
Pois só tedes que premer aquí, aquí e aquí para escoitalas!

luns, 16 de novembro de 2020

ENQUISA USO DA LINGUA GALEGA

 Aquí tedes os enlaces para facer a enquisa sobre o uso do galego na nosa comunidade educativa. As enquisas son anónimas e estarán dispoñibles ata principios do mes de decembro. Graciñas por participar!

ENQUISA ALUMNADO- premede aquí.


ENQUISA PROFESORADO- premede aquí.


ENQUISA FAMILIAS- premede aquí.


xoves, 5 de novembro de 2020

QUE PASOU COS NOSOS MEDOS?

Acordádesvos dos medos que escribistes nas pantasmas a semana pasada? Pois Xiralibro e a súa boa amiga Escarlatina tiveron unha magnífica idea...


martes, 27 de outubro de 2020

CONCURSO SOBRE O SAMAÍN!

Se vos apetece participar no cole nun concurso terrorífico de debuxo (1º curso) ou de relato curto (de 2º a 6º curso), aquí tedes toda a información necesaria.



Animádevos!


venres, 23 de outubro de 2020

MENSAXE DE XIRALIBRO-COMEMEDOS!

Premede nestes tres vídeos para descubrir a mensaxe que Xiralibro ten para vós. Adiante!




Graciñas aos  compañeiros e compañeiras de sexto pola  súa colaboración! 

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro , unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa lingua. Grazas a ela, o galego v...